A Xunta de Galicia acaba de adxudicar 6.000 metros cadrados de chan industrial nos distintos parque empresariais xestionados por Xestur. En concreto, no noso polígono adxudicáronse dúas novas parcelas, que xuntas suman unha superficie total de 2.152 metros cadrados, sendo o seu prezo final de venda 87.481,23 euros. Estes datos volven situarnos como líderes na venda de chan industrial público, por diante dos parques empresariais da Sionlla (Santiago de Compostela), de Ortigueira ou de Viveiro.
Esta nova adxudicación de chan industrial demostra que existe un interese real por parte das empresas da comarca da Costa da Morte e da área metropolitana da Coruña por instalarse no noso polígono, o que urxe, con xa máis dun 80% do chan industrial adxudicado, a executar a ampliación (terceira fase) xa planificada cando se puxo en marcha a segunda fase do noso polígono.
Tanto a corporación municipal, de forma unánime, como o colectivo empresarial han trasladado esta petición á Xunta de Galicia en numerosas ocasións. Ningunha empresa que opte preferentemente por instalarse en Carballo, debería deixar de facelo por falta de chan industrial dispoñible.