O pasado xoves 7 de novembro ás 19:30h, celebrouse unha masterclass gratuíta orientada a mellorar a produtividade das empresas a través dunha correcta xestión do tempo. O evento estivo organizado pola Comunidade de Propietarios do Polígono e a Federación Galega de Parques Empresariais e tivo lugar no Viveiro de Empresas.
O tempo é un recurso limitado, todos dispoñemos do mesmo pero a realidade é que non sempre sabemos como sacarlle o mellor partido, neste evento de 90 min de duración supuxo unha ocasión para que os asistentes reformulásense se están a utilizar o seu tempo eficazmente á hora de alcanzar as súas metas profesionais e persoais.
A masterclass foi conducida por Juan Magariños, enxeñeiro industrial e posgrao en Coach e Dirección de Recursos Humanos, con máis de 1.000 horas certificadas de asesoramento e seguimento profesional a empresas. Os 17 asistentes puideron coñecer de primeira man a través de casos prácticos, os hábitos de éxito das persoas que logran resultados excepcionais nos seus negocios ou como mellorar a produtividade da súa empresa a través de metodoloxías de xestión de recursos e tempos.
Ao longo desta semana o relator terá encontros individualizados cos participantes que así o desexen para analizar o caso particular de cada unha das súas empresas.