Desta forma Movistar vense a sumar á compañía R e a Rede Aberta que xa ofrecen este servizo no polígono. A ausencia de fibra óptica e os frecuentes cortes no servizo de telefonía convencional era, ata fai tres anos, un dos máis graves déficits a nivel de servizos que sufría o noso polígono.
Desde o pasado mes de decembro a compañía Movistar xa ofrece servizo de fibra óptica na totalidade do noso polígono. A fibra xa está despregada na maioría de rúas da área empresarial mentres que no resto de zonas a conexión seria baixo demanda. Desta forma Movistar vense a sumar á compañía R e a Rede Aberta que xa ofrecen este servizo na totalidade do polígono.
A ausencia de fibra óptica e os frecuentes cortes no servizo de telefonía convencional era, ata fai tres anos, un dos máis graves déficits a nivel de servizos que sufría o noso polígono. Co progresivo despregamento da fibra de R, a cobertura de con fibra de Rede Aberta do 100% do polígono en 2022 e, agora, co despregamento da fibra de Movistar; as empresas situadas no polígono xa poden gozar dunha ampla oferta de operadores que garanten un servizo de calidade.