Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Nova poxa de parcelas cunha bonificación do 50%.

Nova poxa de parcelas cunha bonificación do 50%.

18 febreiro, 2019 Xeral

A Xunta de Galicia, a través de  Xestur, pon a disposición das empresas interesadas en asentarse no noso polígono 93.417 metros cadrados de chan industrial dividido en 29 parcelas, cunha bonificación do 50%.

A partir do pasado venres, as empresas interesadas poderán presentar a súa oferta co fin de adquirir algunha destas 29 parcelas. As solicitudes presentaranse en sobre pechado, indicando o nome do concurso e o nome do solicitante, sendo valoradas en atención ás bases que podes consultar ao final desta noticia.

A maior parte das parcelas son de uso industrial ou industrial-terciario. A máis grande do primeiro grupo ten 7.219 metros cadrados, e coa bonificación queda en 273.891 euros, a 37,94 euros o metro cadrado. A máis pequena apenas chega aos mil metros, e sobe ata os 45 euros o metro cadrado. No medio hai moitas opcións. Unha de industrial-terciario de 1.891 metros, por exemplo, está á venda por 76.000 euros, e como estas moitas outras.

O prazo de presentación de propostas para participar no concurso, finalizará o próximo 15 de marzo, podendo facerse a presentación nas oficinas de  Xestur, S.A. ata as 14.00 horas do último día de prazo.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.