A partir do luns 12 de abril as oficinas do polígono trasládanse á súa nova localización no antigo edificio de promoción económica que pasará a denominarse Centro de Promoción Económica Polígono de Carballo. Este cambio vén colmar unha vella aspiración do colectivo empresarial.
A partir do próximo luns 12 de abril, as oficinas do polígono trasládanse á súa nova localización no antigo edificio de promoción económica. As novas instalacións pasarán a chamarse Centro de Promoción Económica Polígono de Carballo e foron recentemente reformadas para adaptalas ao súa nova función. Ademais das oficinas para o persoal da Comunidade de Propietarios do Polígono, o edificio dispón dos seguintes espazos para o seu uso gratuito por parte das empresas:
Desde a Comunidade de Propietarios están a traballar para dotar a estes espazos dunha programación regular de actividade orientadas a mellorar a competitividade das nosas empresas unha vez permítao a situación sanitaria.
Desde a súa construción, este edificio tivo diversos usos que non chegaron a callar. Este cambio permite mellorar a carteira de servizos da nosa área empresarial e dota ao polígono dunha sede corporativa acorde ao crecemento que está a experimentar nos últimos anos.