A partir do próximo curso académico o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco impartirá un Ciclo Superior en Transporte e Loxística. Para lograr a autorización do mesmo pola Xunta de Galicia foi crucial o apoio da Comunidade de Propietarios do Polígono.
Coristanco presentaron ao tecido empresarial do polígono o novo Ciclo Superior en Transporte e Loxística que impartirán a partir do próximo curso académico 2020-2021.
Luís García, director institucional do centro, explicou ás empresas asistentes a historia e metodoloxía pedagóxica da EFA Fonteboa, mentres que Oriol Cervera, director académico, expuxo os contidos do novo ciclo, onde as estancias dos alumnos en empresas teñen un protagonismo importante. Con todo, o obxectivo principal da xornada era saber cales eran as necesidades das empresas no ámbito da loxística e o transporte e que coñecementos e competencias demandan neste perfil de alumnos. Os responsables empresariais que acudiron ao acto sinalaron como esta función foi adquirindo cada vez máis importancia no día a día das súas organizacións e como resulta difícil atopar profesionais ben formados.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono valoraron positivamente a aprobación do novo ciclo superior e consideran que permitirá consolidar e profesionalizar un sector con presenza na nosa área empresarial e que tamén supón unha oportunidade para o conxunto das empresas. A colaboración do polígono coa EFA Fonteboa é estreita e o obxectivo é crear un polo estable de coñecemento na zona sobre os sectores do transporte e a loxística.
Desde a dirección do centro educativo mostraron o seu agradecemento á Comunidade de Propietarios do Polígono que apoiou a súa solicitude ante a Consellería de Educación para poder impartir o novo ciclo o que foi un elemento crave na súa autorización.