Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono convocarase nos próximos días ás empresas de ambas as fases a unha reunión informativa na que se lles explicará con todo detalle o alcance desta medida e na que os empresarios e propietarios poderán resolver as súas dúbidas respecto diso.
Unha vez que recibiu o visto e prace das administracións competentes (Subdelegación do Goberno e Concello), o peche nocturno do polígono de Carballo farase efectivo a partir do próximo día 1 de xuño, restrinxíndose o acceso ao parque empresarial de luns a domingo de 00:00 a 06:00 horas.
Esta medida era unha importante reivindicación dos empresarios de ambas as fases do polígono, lembramos que nunha enquisa realizada en xullo do ano pasado a medida recibiu o apoio do 99,11% dos interesados. O peche non afectará os accesos da autoestrada AG55 nin a ningún núcleo de poboación e supoñerá unha importante mellora na seguridade do polígono que nos últimos meses sufrira un incremento no número de roubos e furtos.