Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
O polígono adhírese á Alianza Galega polo Clima.

O polígono adhírese á Alianza Galega polo Clima.

13 xaneiro, 2025 Xeral

A Comunidade de Propietarios do Polígono adheriuse á Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que reúne a institucións, empresas e colectivos comprometidos coa loita contra o cambio climático e o avance cara a un futuro máis sostible.

A Alianza Galega polo Clima busca implementar medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia. Este proxecto integra a empresas, colexios profesionais, sindicatos, organizacións ambientais, colectivos da sociedade civil e administracións públicas dispostas a achegar a súa experiencia e contribuír á construción dunha Galicia neutra en carbono. Entre as entidades que xa forman parte desta iniciativa destacan importantes empresas galegas como Abanca, Finsa e Hijos de Rivera, as cinco autoridades portuarias de Galicia, as tres universidades públicas e a única privada, así como os clubs deportivos Celta de Vigo e Deportivo da Coruña, entre outros.

A Comunidade de Propietarios do Polígono ten como obxectivo actuar como catalizador para transformar o interese das empresas e usuarios do seu parque industrial en accións concretas que contribúan ao desenvolvemento sostible da contorna. Consideran que participar na rede de relacións e iniciativas da Alianza Galega polo Clima permitiralles acceder ás mellores prácticas en sustentabilidade ambiental, así como a recursos e ferramentas ofrecidos por distintas Administracións Públicas para fomentar proxectos relacionados coa sustentabilidade.

Con esta adhesión, o Polígono de Carballo reafirma o seu compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento dun modelo empresarial sostible que beneficie tanto á sociedade como á contorna. Sendo, así mesmo, o primeiro parque empresarial en adherirse á Alianza.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.