Organizado pola Fundación Galicia Europa, TecEuropa é o programa de referencia en financiamento comunitario en Galicia. Permitirá á Comunidade de Propietarios do Polígono identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo.
A Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo participará na décimo sexta edición do Programa TecEuropa. Este programa está impulsado pola Fundación Galicia Europa e ten como obxectivos:
Desde a Comunidade de Propietarios valoran positivamente a posibilidade de participar neste programa como unha oportunidade para coñecer novas fontes de financiamento para proxectos de investimento e modernización impulsados polas propias empresas do polígono, así como pola posibilidade de participar en alianza con outras entidades privadas e administracións públicas en proxectos europeos vinculados á economía verde, a transformación dixital ou o desenvolvemento rexional.
O programa componse de catro sesións nas que responsables de distintos departamentos da Comisión Europea expoñerán as principais oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo a través de programas como Horizonte Europa. Así mesmo, o programa concluirá coa intervención de distintas entidades galegas habituadas a participar e executar proxectos europeos que compartirán a súa experiencia.