Esta intervención facilitaría as comunicacións desde o polígono coa capital galega e co sur da Comunidade Autónoma e liberarían de tráfico pesado o núcleo urbano de Carballo.
O pasado mércores unha representación da Comunidade de Propietarios do Polígono acudiu como público á sesión do Parlamento de Galicia onde á conselleira Ethel Vázquez, a pregunta do BNG, anunciaba que nos orzamentos da Xunta para o ano 2020 incluirá unha partida para iniciar a circunvalación de Carballo. A infraestrutura executaríase en dous tramos: un corresponde á zona oeste de Carballo, ata a estrada de acceso a Santiago e o outro daría inicio na rotonda de Bértoa e chegaría tamén ata a estrada de Santiago.
Os representantes da Comunidade tiveron oportunidade de expresar a súa preferencia por iniciar a obra por este último tramo xa que facilitaría as comunicacións das máis de 200 empresas asentadas no polígono coa capital galega e o sur da Comunidade Autónoma e así mesmo liberaría ao núcleo urbano de Carballo de todo o tráfico de vehículos pesados que actualmente ven obrigados a pasar por zonas densamente poboadas e por diante de centros de ensino.