Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Presentación do estudo Situación actual e perspectivas de futuro da área industrial e comercial de Bértoa.

Presentación do estudo Situación actual e perspectivas de futuro da área industrial e comercial de Bértoa.

13 decembro, 2019 Xeral

No día de onte tivo lugar a presentación pública do primeiro estudo socioeconómico sobre a nosa área empresarial. No acto ademais de representantes da Comunidade de Propietarios e o economista responsable da súa elaboración, participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o coordinador do Plan de Promoción Industrial da Cámara de Comercio, Carlos Fernández.

Unha das carencias coa que se atopan os distintos axentes implicados no bo funcionamento dos polígonos industriais é a ausencia de datos rigorosos sobre a realidade económica e empresarial dos mesmos, datos que permitan definir e planificar as actuacións prioritarias para que os polígonos sexan un instrumento ao servizo da competitividade das empresas. Desde a Comunidade de Propietarios quixeron emendar esta carencia realizando unha primeira aproximación á realidade socioeconómica da nosa área empresarial.

O estudo realizado polo economista Pedro González, foi presentado onte no Viveiro de empresas ante unha nutrida representación do colectivo empresarial e a sociedade civil carballesa. Neste acto puidéronse expoñer as principais conclusións do estudo e destacar que o mesmo pretende ser un documento vivo que se actualizará periodicamente e ao que se lle irán incorporando novos datos de aspectos crave como poden ser os da mobilidade. Algúns datos relevantes a destacar son os máis de 1500 postos de traballo directos xerados polas empresas do polígono ou os máis 250 millóns de euros de facturación agregada.

Pero o noso polígono non está desvinculado do territorio e quere ser protagonista do desenvolvemento económico e social do mesmo. Por iso, foi interesante a achega de Carlos  Fernandez que nos expuxo as principais  lineras de actuación do Plan de Promoción Industrial da Cámara de Comercio da Coruña, e que papel  xogamos nel os polígonos.Â

Neste acto tamén se repartiron os primeiros exemplares do novo dossier corporativo  e rueiro. Dous documentos que seguro serán de utilidade para todos os usuarios do noso parque empresarial e que axudarán a darnos a coñecer á sociedade no seu conxunto. Hai que destacar que tanto o estudo como o dossier e rueiro contaron cun patrocinio do  Concello de Carballo para a súa elaboración.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.