Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Primeiros pasos para dotar ao polígono dun novo aparcamento de vehículos pesados.

Primeiros pasos para dotar ao polígono dun novo aparcamento de vehículos pesados.

15 septembro, 2020 Xeral

O novo aparcamento supoñerá a creación de 42 prazas para camións e estará situado na Rúa Bronce nas inmediacións do campo de fútbol nun escampado que xa se viña utilizando de forma informal como espazo de estacionamento aínda sen cumprir os mínimos estándares de funcionalidade e aproveitamento.

Desde o pasado luns o proxecto está a exposición pública na Consellería de Medio Ambiente ao ser necesaria a modificación do PXOM do  Concello de Carballo ao ter a área afectada a clasificación de zona verde. Este cambio está xustificado pola  necesidade de resolver un problema de  mobilidade na nosa área empresarial, que cada vez atrae un maior número de usuarios; sendo dous dos principais sectores de actividade entre as nosas empresas os do transporte e a construción, xerando  ambos un importante fluxo de vehículos pesados que cada vez teñen maiores dificultades á hora de  encontra espazos onde estacionar sen supoñer unha molestia para o resto de usuarios e vehículos do polígono. Os terreos afectados polo novo aparcamento ocupan unha superficie de 4.684 metros cadrados e a intervención non supón ningún risco de carácter ambiental.

Este trámite iniciouno o Concello, concretamente a Oficina Técnica, a instancia da Comunidade de Propietarios do Polígono, que recentemente, tamén solicitou melloras na rede de beirarrúas da primeira fase do polígono e a adecuada sinalización dos pasos peonís de ambas as fases

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.