Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Quince días para que os propietarios non notificados presenten alegacións.

Quince días para que os propietarios non notificados presenten alegacións.

20 xuño, 2024 Xeral

Os propietarios de parcelas afectadas pola ampliación aos que non foron posible notificar persoalmente terán un período de 15 días para presentar alegacións á aprobación inicial do Plan estructurante de ordenación do chan empresarial da terceira fase do noso polígono.

Hoxe o DOG publica o prazo para presentar alegacións á aprobación inicial do Plan estructurante de ordenación do chan empresarial (PEOSE) da nosa ampliación que ten os propietarios das parcelas situadas nos dous ámbitos onde se vai a desenvolver as actuacións e que non puideron ser notificados persoalmente.  O prazo se de 15 días a contar desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficinal do Estado.

O DOG publica as referencias catastrais das parcelas nas que non foi posible notificar aos propietarios. Son un total de 32 das que 16 o propietario é descoñecido.

Con este trámite o Instituto Galego de Vivenda e Solo dá cumprimento á lexislación en materia de transparencia e bo goberno que busca preservar os dereitos e intereses de terceiros que se poidan ver afectados por actuacións das distintas Administracións públicas.

Durante este período de 15 días queda suspenso o prazo para resolver definitivamente o período de información pública de PEOSE da ampliación.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.