Sobre a mesa os principais investimentos que a Xunta ten comprometidas co polígono: a estrada de circunvalación que conectará directamente a área empresarial coas estradas AC-413 e DP-1914, e a ampliación do polígono en 554.000 metros cadrados máis.
Na mañá de onte tivo lugar na sede da Comunidade de Propietarios do Polígono unha reunión entre membros da Xunta Directiva desta entidade e o delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor. Tamén asistiu o deputado autonómico, Rubén Lorenzo.
Sobre a mesa dúas dos principais investimentos que a Xunta de Galicia teñen comprometidas co polígono de Carballo: a estrada de circunvalación que conectará directamente a área empresarial coas estradas de Ordes (AC-413) e de Santiago (DP-1914), e a ampliación do polígono en 554.000 metros cadrados máis.
A primeira delas, foi anunciada pola conselleira Ethel Váquez nunha reunión coa propia directiva da Comunidade de Propietarios en decembro de 2019 e, actualmente, o proxecto de trazado desta vía está a exposición pública á espera de posibles alegacións. No caso da ampliación, esta semana saíu a licitación a redacción do proxecto de ampliación.
Desde a Comunidade de Propietarios subliñaron a urxencia que a execución destas dúas infraestruturas ten para consolidar o polígono Carballos como un importante polo de crecemento empresarial na provincia.
O parque empresarial cada día incrementa o seu fluxo de vehículos, soamente contando a frota de vehículos propios das empresas do polígono falamos de 268 vehículos pesados e 577 vehículos convencionais, que se atopan con crecentes dificultades para dirixirse ao centro e sur da Comunidade Autónoma e o seu tránsito polo núcleo urbano do municipio supón un risco importante para a seguridade.
Por outra banda, só quedan 5 parcelas por adxudicar na segunda fase do polígono (á espera de que outras dúas cambien a clasificación do seu uso). Esta situación xa a suposto que varias empresas que necesitaban un gran volume de superficie e que tiñan como opción preferente Carballo tivesen que ir a outros polígonos, mesmo de fóra de Galicia.
Desde a Comunidade de Propietarios trasladaron esta situación ao delegado da Xunta, e trasladáronlle a inquietude do colectivo empresarial pola posible dilatación dos prazos administrativos que conlevan este tipo de intervencións: “Se hai vontade política débese poder executar os prazos atendendo ao rango temporal máis baixo que fixa a lei”. Refírense por exemplo ao prazo de redacción do proxecto da ampliación que ten unha marxe de 9 a 18 meses, esperan que a realidade estea máis próxima aos 9 que aos 18 meses.
No encontro, os empresarios, tamén tiveron oportunidade de trasladar a posibilidade de incluír á área empresarial na Rede de Transporte Público de Galicia.