No día de onte, a instancia da comunidade de propietarios, o Concello de Carballo realizou distintas intervencións de mellora e mantemento nos aparcadoiros disuasorios das rúas Cobre, Ferro e Titanio. Tamén se procedeu ao asfaltado do tramo da rúa Prata que aínda non o estaba.
Os aparcadoiros disuasorios son un servizo gratuíto do que se benefician diariamente centos de usuarios do polígono e que desde a súa posta en marcha mellorou os problemas de estacionamento que viñan sufrindo nalgunhas rúas da nosa área empresarial.
Circular informativa.
Por outra banda, co fin de velar polo bo funcionamento e limpeza do polígono, onte enviouse unha circular informativa na que se lembraba ás empresas que os contedores do servizo municipal de limpeza son de uso público e non poden reterse dentro das naves máis aló do tempo necesario para a carga de residuos e demais desperdicios.
Tamén se lles convidaba a acudir á presentación pública do convenio que desde a comunidade de propietarios asinouse coa escola de negocios IFFE Business School, e que supoñerá importantes descontos para todos os asociados interesados en matricularse nos seus programas master ou de especialización. O acto terá lugar o mércores 12 de decembro ás 12:30 horas no Viveiro de Empresas.