Os pasados días 26 e 27 representantes do Concello de Carballo e da Comunidade de Propietarios do Polígono realizaron unha visita de traballo ao País Vasco para coñecer sobre o terreo o modelo de xestión implantado nos polígonos industriais certificados co selo de calidade promovido pola Coordinadora Española de Polígonos Empresariais CEPE.
O selo Polígono Empresarial de Calidade é a primeira marca europea calidade para polígonos e parques empresarial; e busca ser un elemento que contribúa á competitividade do territorio, mellorando os servizos das áreas empresariais atendendo ás necesidades presentes e futuras dos seus usuarios. Para lograr esta certificación analízanse distintos aspectos relacionados coa xestión dos polígonos valorando unha serie de requisitos xurídicos, de titularidade, de servizos básicos e de valor ou de influencia social.
O País Vasco é a comunidade autónoma cun maior número de polígonos certificados. O día 26 tivemos a oportunidade de visitar o polígono de Bidosola promovido e xestionado pola axencia do Goberno Varco Sprilur, onde fomos recibidos polo director e os responsables de empresas participadas desta axencia pública equivalente á galega Xestur. O mércores 27 trasladámonos ao polígono de Torrelarragoiti no concello de Zamudio, que foi a primeira área empresarial española en logran o certificado Poligono Empresarial de Calidade, alí tivemos unha xornada de estudo co xerente da Axencia de Desenvolvemento Local do Consorcio Comarcal de Txorierri e responsable do proxectos Marca de Calidade de CEPE, tamén puidemos intercambiar experiencias co alcalde do municipio que nos trasladou como o certificado de calidade transformouse nun elemento de atracción de novas empresas.
En Galicia só está certificado o polígono de Agrela na Coruña. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo apostase por esta marca de calidade como un elemento que axudará a mellorar os servizos e infraestruturas do noso polígono, posicionándoo como unha das áreas empresariais de referencia na nosa comunidade a autónoma.