Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Visita institucional do secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais.

Visita institucional do secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais.

03 decembro, 2019 Xeral

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) mostra o seu apoio á demanda da Comunidade de Propietarios para que se priorice o tramo da futura circunvalación de Carballo que uniría o polígono coa estrada de Santiago. Unha infraestrutura crave para mellorar as comunicacións co polígono do Tambre e os situados na provincia de Pontevedra.

Nos últimos anos o polígono de Carballo transformouse nun dos parques empresariais máis importantes da Comunidade Autónoma, non só pola súa superficie senón tamén polo seu dinamismo económico e empresarial. Este crecemento, supón unha importante oportunidade para a creación de riqueza e empregos, pero tamén supón un importante desafío á hora dotar ao mesmo duns servizos e infraestruturas acordes ás necesidades das súas empresas e usuarios.

Desde  Fegape quixeron coñecer de primeira man e sobre o terreo a realidade empresarial do noso polígono e cales son as súas principais necesidades. Neste sentido, durante  esta visita explicitouse o apoio de Fegape á reivindicación de que se de prioridade ao tramo da circunvalación de Carballo que conectaría directamente ao polígono coa estrada de Santiago sen necesidade de circular polo núcleo urbano do municipio. Esta medida melloraría notablemente as comunicacións entre dous dos principais polígonos da provincia, o de Carballo e o do Tambre, sendo tamén unha demanda dos polígonos da provincia de Pontevedra que cada vez teñen maior relación comercial coa nosa área empresarial.

O secretario xeral de Fegape, David  Sobral, manifestou o seu compromiso de facer un seguimento detallado dos orzamentos da Xunta durante os próximos meses, que é cando debería concretarse a execución da infraestrutura.

Fegape é a entidade representativa encargada de velar polos intereses, as necesidades e a modernización das área empresariais radicadas na Comunidade Autónoma galega.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.