Os presidentes da confederación de empresarios de Galicia e da Coruña participaron na inauguración oficinal do novo Centro de Promoción Económica do polígono e mantiveron un encontro cunha representación do noso tecido empresarial.
Onte celebrouse a inauguración oficinal do novo Centro de Promoción Económica do polígono. Un espazo de titularidade municipal que será xestionado pola asociación de empresarios. O mesmo albergará as oficinas da Comunidade de Propietarios e da propia asociación e dispoñen de distintos espazos para o seu uso por parte das empresas.
O acto de inauguración contou coa presenza dos máximos responsables das patronais autonómica e provincial, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa e Antonio Fontenla Ramil; ademais do alcalde, Evencio Ferrero Rodríguez e do vicepresidente da Deputación e concelleira de Promoción Económica, Xosé Reguerira Varela.
Despois dunha quenda de intervencións no exterior das novas instalacións, o presidentes da CEG e CEC, asinaron no Libro de honra do polígono e mantiveron un encontro cunha breve (dadas as circunstancias sanitarias) representación do colectivo empresarial do polígono.
Esta visita de dúas das principais figuras do empresariado galego son unha mostra máis da importancia que está a adquirir esta área empresarial como un dos vértices do novo eixo de crecemento industrial da área metropolitana coruñesa.