Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Xornada sobre a FP Dual Adaptada da man de Aspaber.

Xornada sobre a FP Dual Adaptada da man de Aspaber.

06 marzo, 2023 Xeral

A FP Dual Adaptada é unha nova modalidade de formación profesional orientada á inserción laboral de persoas con discapacidade. Os alumnos de Aspaber levan formandose tres anos e obtiveron de certificado de profesionalidade Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais.

O pasado venres ás 12:00 horas no Viveiro de Empresas do Polígono celebrouse unha xornada baixo o título A FP Dual Adaptada, unha aposta de futuro para o sector empresarial.

Esta xornada que estivo organizada conxuntamente pola Comunidade de Propietarios do Polígono e Aspaber, buscando dar a coñecer entre o tecido empresarial da zona esta nova modalidade da formación profesional e cales son as vantaxes que conleva a contratación deste perfil de alumnos para as empresas.

Aspaber leva formando desde o ano 2020 a un grupo de 10 aprendices que obtiveron o certificado de profesionalidade Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais o que lles permitiu adquirir as competencias necesarias para realizar con total autonomía este tipo de traballos ou outros semellantes. Agora enfróntanse ao reto da inserción laboral. Neste sentido, o evento permitiu que as empresas coñezan o marco normativo que lles afecta (as empresas de máis de 50 traballadores teñen que ter un 2% da sua platilla con algún tipo de discapacidade), cales son as vantaxes económicas para a contratación deste perfil de alumnos, o acompañamento que desde Aspaber realízase durante o proceso de inserción no posto de traballo e aos propios aprendices que tamén participaron activamente nesta xornada.

Este evento contextualizábase na colaboración permanente que desde a Comunidade de Propietarios do Polígono mantense cos centros de formación profesional da zona co obxectivo de que os mozos poidan atopar a súa inserción laboral no tecido empresarial local e que as empresas atopen man de obra cualificada e adaptada ás súas necesidades produtivas. Desde a Comunidade de Propietarios ven na FP Dual Adaptada unha solución innovadora que responde ás principais dificultades ás que se enfrontan as persoas con capacidades diferentes en materia de formación profesional e ocupación.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.