O pasado venres 29 o Centro de Promoción Económica acolleu unha xornada organizada en colaboración co BBVA e EY na que se abordaron aspectos clave para unha xestión exitosa dos elementos patrimoniais da empresa familiar.
Segundo o Instituto da Empresa Familiar (IEF) o 92% das empresas galegas son de carácter familiar. Entre as fortalezas das empresas familiares destaca a súa visión a longo prazo, o que lles permite tomar decisións estratéxicas pensando no futuro. Adoitan ter un forte compromiso por parte dos membros da familia, quen está profundamente involucrados e dedicados ao éxito do negocio. Ademais, contan cunha cultura baseada en valores compartidos, que fomenta a confianza e a lealdade, e unha gran flexibilidade para adaptarse rapidamente aos cambios do mercado grazas á súa estrutura menos burocrática.
Con todo, a xestión do patrimonio en empresas familiares enfronta desafíos financeiros como a falta de separación entre as finanzas persoais e empresariais, a concentración excesiva de activos na empresa e dificultades para acceder a financiamiento externo. No ámbito fiscal, problemas como unha planificación tributaria ineficiente, estruturas de propiedade pouco claras e altas cargas por impostos de sucesión ou doazóns poden xerar conflitos e poñer en risco a sustentabilidade tanto da empresa como do patrimonio familiar. É por iso que o pasado venres día 29 ás 12:00 horas no Centro de Promoción Económica do Polígono a Comunidade de Propietarios organizou unha xornada baixo o título A xestión da empresa familiar implicacións patrimoniais e fiscais.
A xornada foi conducida pola responsable da área de Patrimonio e Banca Privada do BBVA en Galicia, Jorge Gómez Quiza, e pola responsables da área Fiscal de EY en Galicia, Marcos Piñeiro Sanromán e Belén Penas Padín.
O evento contou cunha ampla concorrencia que puido resolver as súas dúbidas nun aperitivo que se serviu unha vez concluída a sesión.
Anexamos as presentacións utilizadas polos relatores da xornada.