Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Xornada sobre subvencións no Centro de Promoción Económica.

Xornada sobre subvencións no Centro de Promoción Económica.

27 xaneiro, 2023 Xeral

A xornada foi impartida ás 12:00h por Fernando Picón, socio-director de OBZ Consulting. Previamente recibiramos a visita dos alumnos do ciclo de grao superior en Enerxías Renovables do CIFP Universidade Laboral de Culleredo.

Onte foi unha mañá intensa no Centro de Promoción Económica da nosa área empresarial. Ás 12:00 h tivo lugar unha xornada baixo o título Planifica o teu traballo con subvencións para non perderche este 2023 ningunha oportunidade de financiamento público. O obxectivo desta sesión era transmitirlles ás empresas participantes as principais claves para concorrer con éxito ás diversas liñas de subvencións que existen. A xornada coincide coa publicación nas próximas semanas dun número importante de axudas impulsadas por diversas administracións e buscaba facilitar a xestión e planificación dos investimentos e contratacións de persoal que as empresas teñan en previsión para este ano. O relator foi Fernando Picón, socio-director de OBZ Consulting

Previamente, ás 10:30 horas, visitara o Centro de Promoción Económica un grupo de 28 alumnos acompañados dos seus profesores do ciclo superior en Enerxías Renovables do CIFP Universidade Laboral de Culleredo, nela explicóuselles o funcionamento diario dunha área empresarial e que papel xoga nela a Comunidade de Propietarios como entidade xestora da mesma. Tamén tiveron oportunidade de coñecer algúns datos do polígono de Carballo (número de empregados, facturación agregada, sectores de actividade, etc.) así como o dinamismo que foi adquirindo a nosa área empresarial nos últimos anos. Esta actividade contextualizábase na visita que os alumnos realizaron ás instalacións da empresa Metalúrxica BB que colabora activamente no desenvolvemento deste ciclo de Enerxías Renovables.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.