Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Xornada sobre transferencia científico-técnica coa UDC.

Xornada sobre transferencia científico-técnica coa UDC.

30 marzo, 2023 Xeral

Este mércores día 29 celebrouse no Centro de Promoción Económica unha xornada baixo o título A Universidade da Coruña, a túa colaboradora en innovación. Oportunidades de transferencia científico-técnica universidade-empresa. Foi impartida por Xosé Manuel García da OTRI UDC

Este evento organizado pola Comunidade de Propietarios do Polígono, tivo como obxectivo achegar ao tecido produtivo local os distintos instrumentos de transferencia de coñecemento e tecnoloxía que pon a UDC ao dispor das empresas. Neste sentido a UDC ofrece un extenso catálogo de recursos tecnolóxicos e de investigación para a súa aplicación directa en sectores como a construción, as enerxías renovables, a produción industrial ou as TIC; así como diversas modalidades de colaboración adaptadas ás necesidades, tamaño e grao de madurez de cada empresa.

A sesión contou coa participación de varias empresas do polígono que xa participaron en distintos proxectos con universidades e centros tecnolóxicos e algunha outra con ampla experiencia no desenvolvemento de produtos e patentes propias; que compartiron as súas experiencias. Todos os participantes coincidiron na necesidade de facilitar o contacto universidade-empresa, rompendo as barreiras burocráticas ou de descoñecemento que poidan existir.

Desde a Comunidade de Propietarios valoraron positivamente a xornada como unha primeira toma de contacto do polígono co ecosistema innvador da UDC e o propósito é traballar en que sexa o inicio dunha colaboración duradeira coa universidade.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.