A norma, en vigor desde o pasado mes de febreiro, afecta a todos os novos plans urbanísticos e ás modificacións sobre os xa existentes; sendo os polígonos e áreas empresarias unhas das infraestruturas afectadas pola mesma.
O pasado día 16 celebrouse no Viveiro de Empresas unha xornada técnica sobre como afectan as novas Directrices da paisaxe aos polígonos e áreas empresariais. O evento estaba orientado a aqueles axentes implicados no correcto desempeño urbanístico deste tipo de infraestruturas urbanas, contando entre os asistentes cos xerentes dos principais parques empresariais da área metropolitana coruñesa (A Grela, Bergondo, Pocomaco e Sabón), responsables dos polígonos da Laracha, Carballo e Vimianzo e de Suelo Empresarial do Atlántico (sociedade pública promotora de 13 áreas empresariais na nosa comunidade Autónoma).
A xornada foi impartida polo Francisco Barea, director do Instituto de Estudos do Territorio (IET) entidade autonómica promotora das Directrices, que quixo manda unha mensaxe de tranquilidade: ningún desenvolvemento industrial comprometido verase comprometido pola nova norma. A Directrices buscan simplemente dar unhas pautas que faciliten unha redacción dos proxectos urbanísticos acorde á paisaxe ou orografía do territorio onde se van a executar.
Neste sentido evitaranse movementos de terra innecesarios ou o uso de materiais e gamas cromáticas que desentoen coa contorna. No que respecta a a edificación de naves, serán os concellos os encargados de velar polo cumprimento da norma paisaxística, só chegando a estancias autonómicas aquelas licenzas que pola súa actividade necesiten dun estudo de impacto ambiental.
Os asistentes puideron resolver algúns aspectos concretos que puidesen afectar o seu polígono, así mesmo o director de IET emprazou ao sector para impulsar coa Xunta de Galicia unha guía de boas prácticas paisaxísticas no ámbito industrial co fin de facilitar o traballo de desenroladores urbanísticos e estudos de arquitectura.