Mañá 15 de xuño ás 20:00h, en primeira convocatoria, e se procede, ás 20:30h., no Centro Social de Bértoa terá lugar a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono correspondente ao ano 2023.
O pasado 2 de xuño, conforme aos Estatutos e demais norma legal aplicable, convocábase a todos os propietarios do polígono á Xunta Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2023, para o xoves día 15 de xuño, ás 20:00h. en primeira convocatoria ou, de non alcanzarse o quorum necesario na anterior, ás 20:30h. en segunda convocatoria, no Centro Social de Bértoa, con arranxo á seguinte orde do día:
PRIMEIRO. Lectura e aprobación, se procede, da ACTA da XUNTA XERAL ORDINARIA celebrada o 25 de maio do 2022.
SEGUNDO. Informe de xestión 2022.
TERCEIRO. Aprobación, se procede, das CONTAS ANUAIS correspondentes ao exercicio 2022.
CUARTO. Autorización, se procede, para iniciar o proceso de reclamación das cotas correspondentes ao exercicio 2022 debes polos comuneiros.
QUINTO. Aprobación, se procede, do ORZAMENTO ANUAL da Comunidade de Propietarios.
SEXTO. Rogos e preguntas.
A Xunta Xeral de Propietarios, segundo fixan os nosos Estatutos, é o órgano superior da Comunidade e os seus acordos son obrigatorios para todos os comuneiros. Son funcións da Xunta Xeral Ordinaria: