O pasado luns 26 publicábase no DOG o informe ambiental estratéxico simplificado do PEOSE correspondente á ampliación da nosa área empresarial. O informe sinala que a intervención non ten efectos significativos no medio polo que non terá que someterse á avaliación ambiental estratexia ordinaria.
A Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia integra no procedemento de aprobación dos PEOSE a súa avaliación ambiental estratéxica, unha avaliación que se tramita pola vía simplificada sempre que o informe da devandita avaliación non determine que o PEOSE pode ter un impacto significativo no medio, nese caso habería que tramitar a avaliación ambiental estratéxica pola vía ordinaria.
O pasado luns 26 publicouse no DOG o informe ambiental estratéxico de Plan Estructurante de Ordenación do Chan Empresarial (PEOSE) correspondente á nosa ampliación que sinala que o mesmo non ten efectos significativos no medio polo que non terá que someterse á avaliación ambiental estratexia ordinaria. Isto permitirá continuar coa seguinte fase de tramitación do PEOSE e poder cumprir, así, os prazos comprometidos no seu momento pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Con todo, o informe elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, fixa unha serie de determinacións que se deberán ter en conta nas seguintes fases de tramitación:
Así mesmo o informe de avaliación ambiental fai referencia á necesidade de valorar a implantación dun servizo de transporte público colectivo ao polígono, dada a entidade que vai alcanzar tras esta ampliación.