Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Visita institucional do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.

Visita institucional do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.

05 maio, 2023 Xeral

A visita tivo como obxectivo presentar ás empresas do noso polígono os novos roteiros e frecuencias da terminal de contedores do porto ferrolán, que lles permiten enviar mercadoría aos principais mercados europeos e internacionais con prazos e custos moi competitivos.

Onte, día 4 de maio, o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Francisco Barea, e o director do seu terminal de contedores, Duarte Pitieira; visitaron a nosa área empresarial. Era a primeira vez que un presidente de autoridade portuaria visitaba o noso polígono. O obxectivo desta “misión comercial” era dar a coñecer entre o tecido empresarial do polígono os novos roteiros e frecuencias que nos últimos meses puxo en marcha a terminal de contedores do porto ferrolán e que lles permite conectar de forma directa coas illas canarias, o Reino Unido e os países escandinavos; e a través de Alxeciras co resto de mercados internacionais (países do mediterráneo, América, África e Extremo Oriente).

As características técnicas da terminal de contedores do porto de Ferrol (calado, extensión de liña de atracada, superficie etc.)/ etc.), a súa inminente conexión á rede ferroviaria de mercadorías e os grandes proxectos industriais, moi vinculados á actividade portuaria, que se están instalando nas Pontes; van facer no medio prazo do porto de Ferrol o referente no tráfico de contedores da fachada atlántica da península ibérica. Este escenario, supón unha oportunidade para as empresas exportadoras da contorna que verán como se incrementen os roteiros, podendo acceder a novos mercados, e como tamén diminúen os custos ao incrementarse o volume de fluxos.

Nos últimos anos, o noso polígono transformouse nun dos máis dinámicos da provincia, e iso tamén se nota no incremento das empresas que realizan operacións de comercio internacional, ou ben importante ou ben exportando. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono valoraron moi positivamente a visita e consideran fundamental a colaboración entre os distintos axentes empresariais da rexión urbana Carballo – A Coruña – Ferrol, a máis dinámica economicamente de Galicia.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.