O evento organizouse en colaboración co BBVA e Iberdrola e tiña como fin facilitar ás empresas información fiable sobre os custos, aforros e posibles vías de financiamento para a instalación de placas fotovoltaicas nas cubertas das súas naves.
O pasado 1 de xuño celebrouse no Centro de Promoción Económica unha xornada baixo o título Placas fotovoltaicas e auto consumo solar: custos, aforros e financiamento e nela interviñeron:
Elias Gómez, responsable de solucións de enerxía en BBVA España.
Samuel Cotillo, responsable de alianzas en Iberdrola España.
Miguel Ángel Gómez, responsable de transformación en BBVA Territorial noroeste.
Jorge Guerra, director comercial de Smart Solar para Galicia e Asturias.
O obxectivo do evento foi trasladar información fiable ás empresas sobre os custos e aforros reais que pode conlevar a instalación de placas fotovoltaicas nas cubertas das súas naves industriais. Así mesmo desde o BBVA tamén se facilitou información sobre posibles vías de financiamento bancario e subvencións públicas para a súa instalación.
Na xornada participaron ao redor de 35 empresas e entidades, que puideron resolver as súas dúbidas e inquietudes no cátering que se serviu posteriormente.
Xornada técnica con Afigal.
Coincidindo coa apertura do prazo de solicitude das axudas do Igape Reaval Crecemento Pemes que permite gozar a pemes e autónomos de mellores condicións no financiamento dos seus investimentos a longo prazo, na reestruturación/amortización de débeda ou no financiamento do seu circulante estrutural; o pasado 19 de maio, tamén no Centro de Promoción Económica, organizamos unha xornada técnica sobre esta e outras liñas de axuda do Igape con Jacobo Ortiz que é o responsable da zona A Coruña de Afigal.