O pasado mes de xullo, preguntados nunha enquisa, o 99% dos empresarios do polígono mostrábanse partidarios do seu peche nocturno co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade; ante esta abafadora porcentaxe, a asociación de empresarios iniciou os primeiros contactos para transformar esta demanda nunha realidade. Antes de que concluíse o verán mantívose unha primeira reunión co alcalde, Evencio Ferrero, onde a asociación empresarial expuxo esta petición, atopando boa acollida por parte da primeira autoridade municipal.
Ao longo desta semana estanse producindo novos cortes na subministración de telefonía que afectan a numerosas empresas asentadas no noso polígono. Chove sobre mollado despois de que o pasado mes de agosto sufrísemos un corte de tres día laborais de duración, de feito, na enquisa de diagnostico que a asociación de empresarios repartiu entre os usuarios do polígono, o servizo de telefonía é un dos elementos peor valorados.
A Xunta de Goberno Municipal celebrada o pasado luns 24, outorgou a licenza de construción de dúas novas naves no polígono de Carballo, co que o nivel de ocupación na segunda fase supera o 79% do chan industrial dispoñible.