Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Aprobado o PEOSE da ampliación do noso parque empresarial.

Aprobado o PEOSE da ampliación do noso parque empresarial.

01 decembro, 2023 Xeral

O Plan estructurante de ordenación do chan empresarial (PEOSE) correspondente á ampliación foi aprobado definitivamente o pasado 17 de novembro. Á súa vez, o IGVS saca a licitación o proxecto de urbanización e parcelación por un importe de 220.000 euros.

Formación no ámbito da dixitalización empresarial.

Formación no ámbito da dixitalización empresarial.

27 novembro, 2023 Xeral

Xeración Dixital Pemes é un programa formativo que busca facilitar aos participantes os coñecementos e competencias clave para liderar a transformación dixital das súas empresas. Ten unha duración de 150 horas, das que 105 son en formato en liña e 35 en formato presencial. As sesións presenciais impartiranse no Centro de Promoción Económica.

Proxecto Orzamentos Xunta de Galicia 2024.

Proxecto Orzamentos Xunta de Galicia 2024.

24 outubro, 2023 Xeral

No Proxecto de Orzamentos para a Comunidade Autónoma aprobado polo Consello de la Xunta para 2024 destínase 1.800.000 euros para a ampliación do polígono e 500.000 euros para a estrada de circunvalación que nos concertarían directamente coas estradas de Ordes e Santiago.

Almorzo informativo sobre dixitalización no ámbito industrial.

Almorzo informativo sobre dixitalización no ámbito industrial.

20 outubro, 2023 Xeral

O evento permitiu presentar o Programa Activa Industria 4.0 ás empresas comprendías entre os epígrafes 10 a 32 de CNAE. Un programa gratuíto de 50 horas de consultoría personalizadas que lles permitirá dotarse dun plan de dixitalización adaptado ás súas necesidades e grao de madurez.

Actualizado o plan de autoprotección do polígono.

Actualizado o plan de autoprotección do polígono.

18 septembro, 2023 Xeral

Desde onte a actualización do plan de autoprotección da nosa área empresarial está validamente rexistrada no Rexistro de Plans de Autoprotección da Comunidade Autónoma (REGAPE), o que facilitará o traballo e coordinación dos equipos de emerxencia en caso de ser necesaria a súa intervención.

Acordo de colaboración entre a Comunidade de Propietarios e a Fundación Inade.

Acordo de colaboración entre a Comunidade de Propietarios e a Fundación Inade.

13 septembro, 2023 Xeral

Este acordo, a través da organización de diversas actividades, busca fomentar entre as empresas do noso polígono unha cultura máis madura á hora de xestionar os riscos vinculados á súa actividade económica e a súa adecuada transferencia á industria aseguradora.

Unha experiencia piloto conectará con bus o polígono co núcleo urbano de Carballo.

Unha experiencia piloto conectará con bus o polígono co núcleo urbano de Carballo.

11 septembro, 2023 Xeral

Esta iniciativa desenvolverase entre os días 18 e 22 de setembro no contexto das actividades organizadas polo Concello de Carballo pola Semana Europea da Mobilidade.

A ampliación supera o trámite de avaliación ambiental.

A ampliación supera o trámite de avaliación ambiental.

28 xuño, 2023 Xeral

O pasado luns 26 publicábase no DOG o informe ambiental estratéxico simplificado do PEOSE correspondente á ampliación da nosa área empresarial. O informe sinala que a intervención non ten efectos significativos no medio polo que non terá que someterse á avaliación ambiental estratexia ordinaria.

< 1 2 3 4 5 6 >