Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
O polígono participa na edición 2023 de Mindtech.

O polígono participa na edición 2023 de Mindtech.

20 xuño, 2023 Xeral

Os días 20, 21 e 22 celébrase en Vigo a 3.ª edición de Mindtech, unha feira de referencia para o sector do metal e as súas tecnoloxías asociadas. O polígono busca poñer ao dispor do sector o chan industrial dispoñible actualmente e a medio prazo coa ampliación.

Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono.

Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono.

14 xuño, 2023 Xeral

Mañá 15 de xuño ás 20:00h, en primeira convocatoria, e se procede, ás 20:30h., no Centro Social de Bértoa terá lugar a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono correspondente ao ano 2023.

Xornada sobre placas fotovoltaicas e autoconsumo solar.

Xornada sobre placas fotovoltaicas e autoconsumo solar.

14 xuño, 2023 Xeral

O evento organizouse en colaboración co BBVA e Iberdrola e tiña como fin facilitar ás empresas información fiable sobre os custos, aforros e posibles vías de financiamento para a instalación de placas fotovoltaicas nas cubertas das súas naves.

O polígono fortalece os seus lazos co tecido empresarial metropolitano.

O polígono fortalece os seus lazos co tecido empresarial metropolitano.

10 maio, 2023 Xeral

A firma do convenio entre Nordes Club Empresarial e a Comunidade de Propietarios do Polígono permitirá organizar actividades conxuntas en Carballo e A Coruña. Así mesmo, as empresas do polígono interesadas en asociarse a Nordés Club Empresarial, gozarán dun desconto do 25% na cota de alta.

Visita institucional do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.

Visita institucional do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.

05 maio, 2023 Xeral

A visita tivo como obxectivo presentar ás empresas do noso polígono os novos roteiros e frecuencias da terminal de contedores do porto ferrolán, que lles permiten enviar mercadoría aos principais mercados europeos e internacionais con prazos e custos moi competitivos.

Aprobada a apertura do vial que conectará o noso polígono coa rotonda do Centro Comercial Bergantiños.

Aprobada a apertura do vial que conectará o noso polígono coa rotonda do Centro Comercial Bergantiños.

25 abril, 2023 Xeral

A corporación municipal aprobou no pleno de onte unha modificación orzamentaria que incorpora un importe de 615.370,74 euros para a apertura e pavimentación do primeiro tramo do vial que comunicará o noso polígono coa avenida de Razo.

Xornada sobre transferencia científico-técnica coa UDC.

Xornada sobre transferencia científico-técnica coa UDC.

30 marzo, 2023 Xeral

Este mércores día 29 celebrouse no Centro de Promoción Económica unha xornada baixo o título A Universidade da Coruña, a túa colaboradora en innovación. Oportunidades de transferencia científico-técnica universidade-empresa. Foi impartida por Xosé Manuel García da OTRI UDC

< 2 3 4 5 6 7 >