Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Datas e horario da visita das unidades móbiles de inspección de vehículos ao polígono.

Datas e horario da visita das unidades móbiles de inspección de vehículos ao polígono.

08 xaneiro, 2019 Xeral

Este mes visitarán o noso polígono as unidades móbiles de inspección de vehículos. Toma nota das datas e dos horarios.

Encontro entre responsables do  PSdG-PSOE e da Comunidade de Propietarios do Polígono.

Encontro entre responsables do PSdG-PSOE e da Comunidade de Propietarios do Polígono.

07 xaneiro, 2019 Xeral

Esta reunión enmárcase dentro dos encontros que con regularidade mantéñense desde a Comunidade de Propietarios con distinto tipo de entidades co obxectivo de dar a coñecer as demandas e necesidades do noso polígono industrial.

Presentación do convenio de colaboración con IFFE Business  School.

Presentación do convenio de colaboración con IFFE Business School.

13 decembro, 2018 Xeral

Onte, no Viveiro de Empresas, tivo lugar a presentación pública do convenio de colaboración entre a Comunidade de Propietarios do PolígonoIFFE  Business  School. Unha alianza orientada a mellorar a competitividade das empresas do polígono a través da formación continúa dos seus empregados.

Traballos de mellora e mantemento nos aparcadoiros disuasorios do polígono.

Traballos de mellora e mantemento nos aparcadoiros disuasorios do polígono.

05 decembro, 2018 Xeral

No día de onte, a instancia da comunidade de propietarios, o  Concello de Carballo  realizou distintas intervencións de mellora e mantemento nos aparcadoiros disuasorios das rúas Cobre, Ferro e Titanio. Tamén se procedeu ao asfaltado do tramo da rúa Prata que aínda non o estaba.

A Xunta estuda a implantación dunha tarifa nocturna bonificada na autoestrada AG-55.

A Xunta estuda a implantación dunha tarifa nocturna bonificada na autoestrada AG-55.

26 novembro, 2018 Xeral

O pasado día 24, a conselleira de Infraestruturas e  Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ao director de  Mobilidade, Ignacio Mestre; anunciaron que a Xunta de Galicia está a estudar a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas galegas. Así o manifestaron na conmemoración do 40º aniversario da Federación  Galega do Transporte de Mercadorías (Fegatramer), onde explicaron que estas novas bonificacións afectarían, entre outras, á autoestrada A Coruña – Carballo (AG-55)

Labores de limpeza e mantemento na rede de saneamento e pluviais.

Labores de limpeza e mantemento na rede de saneamento e pluviais.

14 novembro, 2018 Xeral

No día de onte, a instancias da Comunidade de Propietarios do Polígono, a empresa  adxudicataria da xestión do ciclo integral de auga en Carballo (Gestagua) procedeu á execución de labores de limpeza e  manteamiento na rede de saneamento e pluviais do noso parque empresarial.

O polígono adhírese ao Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte.

O polígono adhírese ao Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte.

07 novembro, 2018 Xeral

Na xunta directiva celebrada o pasado luns día 5, o Grupo de Desenvolvemento Rural‚ Costa da Morte aprobou a adhesión da Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo á devandita entidade, concretamente formando parte da Mesa sectorial “Asociacións de empresarios e asociacións profesionais”.

Líderes na adxudicación de chan industrial público.

Líderes na adxudicación de chan industrial público.

05 novembro, 2018 Xeral

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar 6.000 metros cadrados de chan industrial nos distintos parque empresariais xestionados por  Xestur. En concreto, no noso polígono adxudicáronse dúas novas parcelas, que xuntas suman unha superficie total de 2.152 metros cadrados, sendo o seu prezo final de venda 87.481,23 euros. Estes datos volven situarnos como líderes na venda de chan industrial público, por diante dos parques empresariais da  Sionlla (Santiago de Compostela), de Ortigueira ou de Viveiro.

< 12 13 14 15 16 17 >