Unha das inquietudes da Asociación de Empresarios do Polígono é a de promover unha relación de sustentabilidade entre o mundo da empresa e a súa contorna natural a través de medidas que mitiguen e revertan o impacto da actividade fabril e comercial no quecemento global e na perda de biodiversidade.
Nas dúas últimas xuntas de goberno local, celebradas neste mes de xullo, foron aprobadas as licenzas de obra para a construción de cinco naves, converténdose o noso polígono no de maior demanda de toda a Comunidade Autónoma. Actualmente só quedan dispoñibles un total de 24 parcelas.
A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), da que forma parte o noso polígono, organizou o pasado mércores no Viveiro de Empresas unha Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma ISO 45001:2018 Sistemas de Xestión da Seguridade e a Saúde Laboral. Dada a boa acollida que tivo o evento, prevese a organización de máis xornadas deste tipo nos próximos meses.
A semana pasada a Comunidade de Propietarios do Polígono procedeu á limpeza de maleza no perímetro de seguridade do noso parque empresarial. A medida está encamiñada a mellorar a seguridade de naves e parcela na época do ano de con maior risco de incendios forestais.
Esta intervención facilitaría as comunicacións desde o polígono coa capital galega e co sur da Comunidade Autónoma e liberarían de tráfico pesado o núcleo urbano de Carballo.
Este investimento da Xunta corresponde á resolución da orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos polígonos galegos que convoca anualmente a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Concello de Carballo, pola súa banda, achegará 22.897 euros.
Coa firma deste contrato entre COREGAL e a Comunidade de Propietarios do Polígono, as empresas do noso polígono integradas na mencionada entidade empresarial poderán gozar a partir do mes de xuño, dun novo servizo gratuíto de recolleita porta a porta de papel, cartón e plástico.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono convocarase nos próximos días ás empresas de ambas as fases a unha reunión informativa na que se lles explicará con todo detalle o alcance desta medida e na que os empresarios e propietarios poderán resolver as súas dúbidas respecto diso.