Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Quince días para que os propietarios non notificados presenten alegacións.

Quince días para que os propietarios non notificados presenten alegacións.

20 xuño, 2024 Xeral

Os propietarios de parcelas afectadas pola ampliación aos que non foron posible notificar persoalmente terán un período de 15 días para presentar alegacións á aprobación inicial do Plan estructurante de ordenación do chan empresarial da terceira fase do noso polígono.

Continuidade á fronte da Comunidade de Propietarios do Polígono.

Continuidade á fronte da Comunidade de Propietarios do Polígono.

17 xuño, 2024 Xeral

O pasado venres celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono onde se ratificou a continuidade dos compoñentes que viñan integrando a Xunta Directiva ata a data e onde se fixo a constitución da nova Entidade de Xestión e Modernización como principal reto para os próximos meses.

Adxudicada a urbanización dun novo vial de acceso ao polígono.

Adxudicada a urbanización dun novo vial de acceso ao polígono.

30 maio, 2024 Xeral

Trátase do primeiro tramo do vial SX-VI do PXOM que conecta a rotonda sur de acceso ao noso polígono coa avenida de Razo á altura do Centro Comercial Bergantiños, e que neste primea fase chegará ata a rúa Médico Xusto Martínez.

A feira do emprego e a formación do polígono consolídase.

A feira do emprego e a formación do polígono consolídase.

24 maio, 2024 Xeral

A segunda edición da feira do emprego e a formación do polígono celebrouse o pasado 19 de abril nas instalacións do Centro Social de Bértoa. O evento pasa a denominarse a partir desta edición Sinerxias I Empresa, emprego e territorio.

Novo directorio, dossier e vídeo corporativos.

Novo directorio, dossier e vídeo corporativos.

10 maio, 2024 Xeral

A presentación pública do novo directorio, dossier e vídeo corporativos permitiron poñer en valor as magnitudes que alcanzou o noso polígono nos últimos anos: máis de 440 millóns de euros de facturación, máis de 230 empresas, máis de 2.800 empregados etc.

En fase de contratación a apertura dun novo vial de acceso ao polígono.

En fase de contratación a apertura dun novo vial de acceso ao polígono.

01 marzo, 2024 Xeral

Trátase do primeiro tramo do vial SX-VI do PXOM que conecta a rotonda sur de acceso ao noso polígono coa avenida de Razo á altura do Centro Comercial Bergantiños, e que neste primeiro tramo chegará ata a rúa Médico Xusto Martínez.

Saen a concurso as tres últimas parcelas da segunda fase.

Saen a concurso as tres últimas parcelas da segunda fase.

14 febreiro, 2024 Xeral

As parcelas son a A7-A8 (7.229 m2), a F1 (9.384 m2) e a F2 (13.214 m2), cun prezo medio bonificado de 34,64 €/m2. Pódense presentar ofertas por ela ata o próximo día 12 de marzo.

Afigal SGR abre a súa delegación para Costa da Morte no noso polígono.

Afigal SGR abre a súa delegación para Costa da Morte no noso polígono.

29 xaneiro, 2024 Xeral

O anuncio realizouse aos empresarios que participaron nunha xornada sobre financiamento subvencionado realizada o pasado venres 26 nas instalacións do Centro de Promoción Económica.

< 1 2 3 4 5 6 >