O anuncio realizouse aos empresarios que participaron nunha xornada sobre financiamento subvencionado realizada o pasado venres 26 nas instalacións do Centro de Promoción Económica.
Desta forma Movistar vense a sumar á compañía R e a Rede Aberta que xa ofrecen este servizo no polígono. A ausencia de fibra óptica e os frecuentes cortes no servizo de telefonía convencional era, ata fai tres anos, un dos máis graves déficits a nivel de servizos que sufría o noso polígono.
A Xunta de Galicia saca a licitación a redacción do proxecto de expropiación dos terreos correspondentes á 3ª fase da nosa área empresarial. O orzamento basee de licitación é de 90.614,71 euros e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de xaneiro.
A Comisión de Infraestruturas da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) inflúe a circunvalación de Carballo no Informe sobre necesidades en materia de infraestruturas que lle entregaron onte á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez.
O Plan estructurante de ordenación do chan empresarial (PEOSE) correspondente á ampliación foi aprobado definitivamente o pasado 17 de novembro. Á súa vez, o IGVS saca a licitación o proxecto de urbanización e parcelación por un importe de 220.000 euros.
Xeración Dixital Pemes é un programa formativo que busca facilitar aos participantes os coñecementos e competencias clave para liderar a transformación dixital das súas empresas. Ten unha duración de 150 horas, das que 105 son en formato en liña e 35 en formato presencial. As sesións presenciais impartiranse no Centro de Promoción Económica.
No Proxecto de Orzamentos para a Comunidade Autónoma aprobado polo Consello de la Xunta para 2024 destínase 1.800.000 euros para a ampliación do polígono e 500.000 euros para a estrada de circunvalación que nos concertarían directamente coas estradas de Ordes e Santiago.
O evento permitiu presentar o Programa Activa Industria 4.0 ás empresas comprendías entre os epígrafes 10 a 32 de CNAE. Un programa gratuíto de 50 horas de consultoría personalizadas que lles permitirá dotarse dun plan de dixitalización adaptado ás súas necesidades e grao de madurez.