Desde onte a actualización do plan de autoprotección da nosa área empresarial está validamente rexistrada no Rexistro de Plans de Autoprotección da Comunidade Autónoma (REGAPE), o que facilitará o traballo e coordinación dos equipos de emerxencia en caso de ser necesaria a súa intervención.
Este acordo, a través da organización de diversas actividades, busca fomentar entre as empresas do noso polígono unha cultura máis madura á hora de xestionar os riscos vinculados á súa actividade económica e a súa adecuada transferencia á industria aseguradora.
Esta iniciativa desenvolverase entre os días 18 e 22 de setembro no contexto das actividades organizadas polo Concello de Carballo pola Semana Europea da Mobilidade.
O pasado luns 26 publicábase no DOG o informe ambiental estratéxico simplificado do PEOSE correspondente á ampliación da nosa área empresarial. O informe sinala que a intervención non ten efectos significativos no medio polo que non terá que someterse á avaliación ambiental estratexia ordinaria.
Os días 20, 21 e 22 celébrase en Vigo a 3.ª edición de Mindtech, unha feira de referencia para o sector do metal e as súas tecnoloxías asociadas. O polígono busca poñer ao dispor do sector o chan industrial dispoñible actualmente e a medio prazo coa ampliación.
Mañá 15 de xuño ás 20:00h, en primeira convocatoria, e se procede, ás 20:30h., no Centro Social de Bértoa terá lugar a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono correspondente ao ano 2023.
O evento organizouse en colaboración co BBVA e Iberdrola e tiña como fin facilitar ás empresas información fiable sobre os custos, aforros e posibles vías de financiamento para a instalación de placas fotovoltaicas nas cubertas das súas naves.
A Xunta de Galicia anunciou o mércores a adxudicación no seu último concurso dunha das parcelas dispoñibles na 2ª fase da nosa área empresarial, concretamente a G32. Desde onte e ata o 30 de novembro ábrese o período de adxudicación directa e concesión de dereitos de superficie das restantes.