Este investimento cubrirá un importante déficit na seguridade do polígono que na súa primeira fase só dispón de tres hidrantes para dar servizo a máis de 150 empresas. Por outra banda, o Concello concedeu unha subvención 8.288€ orientada a mellorar o noso servizo de xestión de residuos.
Demandada en repetidas ocasións polo colectivo empresarial, esta infraestrutura que unirá o noso parque industrial, coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914) supoñerá unha mellora notable nas nosas comunicacións co sur da Comunidade Autónoma.
Despois de formalizar no día de onte a súa inclusión no Rexistro de Plans de Autoprotección da Comunidade Autónoma, a nosa área empresarial xa dispón dun plan que cumpre todos os requisitos técnicos necesarios para ser unha ferramenta útil na prevención e minoración de riscos en caso de producirse algunha situación de emerxencia.
Entre os días de onte e hoxe o seu persoal repartirá de forma gratuíta entre as empresas un lote de 2.000 máscaras facilitadas pola Subdelegación do Goberno, así mesmo desde a Comunidade de Propietarios xestionouse, a través da Central de Compras da Xunta de Galicia, a adquisición de 12.000 máscaras por parte de distintas empresas que así o solicitaron.
As xuntas directivas do Centro Comercial Aberto e da Comunidade de Propietarios do Polígono solicitaron ao Concello de Carballo a adopción dunha serie de medidas fiscais dentro do seu ámbito competencial que axuden ao tecido empresarial local a superar estes momentos de incerteza. Algunha destas demandas xa foron atendidas.
O pasado venres 20 de decembro, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comunicou á xunta directiva da Comunidade de Propietarios do Polígono a decisión da Xunta de Galicia de que a estrada de circunvalación de Carballo de inicio na rotonda de Bértoa e conecte o polígono coas estradas de Ordenes e Santiago.
No día de onte tivo lugar a presentación pública do primeiro estudo socioeconómico sobre a nosa área empresarial. No acto ademais de representantes da Comunidade de Propietarios e o economista responsable da súa elaboración, participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o coordinador do Plan de Promoción Industrial da Cámara de Comercio, Carlos Fernández.
A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) mostra o seu apoio á demanda da Comunidade de Propietarios para que se priorice o tramo da futura circunvalación de Carballo que uniría o polígono coa estrada de Santiago. Unha infraestrutura crave para mellorar as comunicacións co polígono do Tambre e os situados na provincia de Pontevedra.