A Xunta de Galicia, a través de Xestur, pon a disposición das empresas interesadas en asentarse no noso polígono 93.417 metros cadrados de chan industrial dividido en 29 parcelas, cunha bonificación do 50%.
Coa apertura este luns da variante de Aradas, que une a estrada Carballo-Santiago (DP-1914) co polígono do Tambre, os camións que chegan á capital galega desde Carballo tardarán 20 minutos menos e percorrerán un 73% menos de distancia para entrar e saír do polígono compostelán.
O pasado día 9 de xaneiro o Instituto Galego de Enerxía dependente da la Xunta de Galicia procedía á convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro enerxético para empresas.
Este mes visitarán o noso polígono as unidades móbiles de inspección de vehículos. Toma nota das datas e dos horarios.
Esta reunión enmárcase dentro dos encontros que con regularidade mantéñense desde a Comunidade de Propietarios con distinto tipo de entidades co obxectivo de dar a coñecer as demandas e necesidades do noso polígono industrial.
Onte, no Viveiro de Empresas, tivo lugar a presentación pública do convenio de colaboración entre a Comunidade de Propietarios do Polígono e IFFE Business School. Unha alianza orientada a mellorar a competitividade das empresas do polígono a través da formación continúa dos seus empregados.
No día de onte, a instancia da comunidade de propietarios, o Concello de Carballo realizou distintas intervencións de mellora e mantemento nos aparcadoiros disuasorios das rúas Cobre, Ferro e Titanio. Tamén se procedeu ao asfaltado do tramo da rúa Prata que aínda non o estaba.
O pasado día 24, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ao director de Mobilidade, Ignacio Mestre; anunciaron que a Xunta de Galicia está a estudar a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas galegas. Así o manifestaron na conmemoración do 40º aniversario da Federación Galega do Transporte de Mercadorías (Fegatramer), onde explicaron que estas novas bonificacións afectarían, entre outras, á autoestrada A Coruña – Carballo (AG-55)