No que vai de ano a Bolsa de Emprego do polígono leva xestionado 46 oferta laborais. Trátase dun servizo gratuíto ao dispor das máis de 230 empresas situadas no polígono xestionado directamente pola Comunidade de Propietarios.
Este vial transcorre entre a Rúa Madeira da nosa área empresarial, cruza a autovía AG-55 a través dunha ponte e enlaza co sistema viario municipal que conecta con Razo, Baldaio, Lema ou Caión. O orzamento basee de licitación sen impostos é de 97.665, 68 euros.
Os propietarios de parcelas afectadas pola ampliación aos que non foron posible notificar persoalmente terán un período de 15 días para presentar alegacións á aprobación inicial do Plan estructurante de ordenación do chan empresarial da terceira fase do noso polígono.
O pasado venres celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono onde se ratificou a continuidade dos compoñentes que viñan integrando a Xunta Directiva ata a data e onde se fixo a constitución da nova Entidade de Xestión e Modernización como principal reto para os próximos meses.
Trátase do primeiro tramo do vial SX-VI do PXOM que conecta a rotonda sur de acceso ao noso polígono coa avenida de Razo á altura do Centro Comercial Bergantiños, e que neste primea fase chegará ata a rúa Médico Xusto Martínez.
A segunda edición da feira do emprego e a formación do polígono celebrouse o pasado 19 de abril nas instalacións do Centro Social de Bértoa. O evento pasa a denominarse a partir desta edición Sinerxias I Empresa, emprego e territorio.
A presentación pública do novo directorio, dossier e vídeo corporativos permitiron poñer en valor as magnitudes que alcanzou o noso polígono nos últimos anos: máis de 440 millóns de euros de facturación, máis de 230 empresas, máis de 2.800 empregados etc.
Trátase do primeiro tramo do vial SX-VI do PXOM que conecta a rotonda sur de acceso ao noso polígono coa avenida de Razo á altura do Centro Comercial Bergantiños, e que neste primeiro tramo chegará ata a rúa Médico Xusto Martínez.