A Xunta de Galicia anunciou o mércores a adxudicación no seu último concurso dunha das parcelas dispoñibles na 2ª fase da nosa área empresarial, concretamente a G32. Desde onte e ata o 30 de novembro ábrese o período de adxudicación directa e concesión de dereitos de superficie das restantes.
A firma do convenio entre Nordes Club Empresarial e a Comunidade de Propietarios do Polígono permitirá organizar actividades conxuntas en Carballo e A Coruña. Así mesmo, as empresas do polígono interesadas en asociarse a Nordés Club Empresarial, gozarán dun desconto do 25% na cota de alta.
A visita tivo como obxectivo presentar ás empresas do noso polígono os novos roteiros e frecuencias da terminal de contedores do porto ferrolán, que lles permiten enviar mercadoría aos principais mercados europeos e internacionais con prazos e custos moi competitivos.
A corporación municipal aprobou no pleno de onte unha modificación orzamentaria que incorpora un importe de 615.370,74 euros para a apertura e pavimentación do primeiro tramo do vial que comunicará o noso polígono coa avenida de Razo.
Este mércores día 29 celebrouse no Centro de Promoción Económica unha xornada baixo o título A Universidade da Coruña, a túa colaboradora en innovación. Oportunidades de transferencia científico-técnica universidade-empresa. Foi impartida por Xosé Manuel García da OTRI UDC.
A FP Dual Adaptada é unha nova modalidade de formación profesional orientada á inserción laboral de persoas con discapacidade. Os alumnos de Aspaber levan formandose tres anos e obtiveron de certificado de profesionalidade Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais.
Xestión do Solo de Galicia (Xestur SA) saca a concurso de venda as últimas cinco parcelas dispoñibles na 2ª fase da nosa área empresarial. Un total de 35.085 metros cadrados polos que se poderán presentar ofertas ata o 14 de marzo.
A avaliación ambiental estratéxica do plan estructurante de ordenación do chan empresarial da 3ª fase da nosa área empresarial entra en fase de consulta pública. Esta consulta pública permanecerá aberta do 2 de febreiro ata o 16 de marzo.