Os presidentes da confederación de empresarios de Galicia e da Coruña participaron na inauguración oficinal do novo Centro de Promoción Económica do polígono e mantiveron un encontro cunha representación do noso tecido empresarial.
A conselleira Ánxeles Vázquez visitou onte a nosa área empresarial e anunciou a tan demanda ampliación do polígono. Os trámites de ampliación iniciaranse este mes de xuño e a previsión é que se empece a comercialización de parcelas no 2023.
A norma, en vigor desde o pasado mes de febreiro, afecta a todos os novos plans urbanísticos e ás modificacións sobre os xa existentes; sendo os polígonos e áreas empresarias unhas das infraestruturas afectadas pola mesma.
A partir do luns 12 de abril as oficinas do polígono trasládanse á súa nova localización no antigo edificio de promoción económica que pasará a denominarse Centro de Promoción Económica Polígono de Carballo. Este cambio vén colmar unha vella aspiración do colectivo empresarial.
A medida contextualízase na política de racionalización no uso de espazos e viais do polígono e súmanse ás tres prazas habilitadas no inicio da Rúa Bronce. Así mesmo creouse unha nova praza de minusválidos na Rúa Bronce.
Esta mañá 57 alumnos de 3º e 4º da ESO do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco realizaron unha visita de estudo ao noso polígono. A visita contextualízase na política de colaboración que a Comunidade de Propiatrios e a Asociación de Empresarios manteñen cos principais centros de ensino da zona.
Estas novas sendas reforzarán a integración do noso parque empresarial na rede viaria municipal e supoñen un investimento superior aos 450.000 euros. Estas tres intervencións serán posible grazas a unha subvención de 1.713.295 euros procedentes de fondos europeos destinada á execución de 18 km de sendas peonís e ciclistas no termino municipal.
Con máis de duascentas empresas, 1.750 postos de traballado directos e un constante fluxo de usuarios que se achegan ao noso parque empresarial por motivos profesionais ou comerciais, pero tamén para gozar das nosas instalacións deportivas e zonas verdes; o polígono de carballo ten unha masa de potenciais usuarios que aconsellan a instalación de dúas paradas de bus.