Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
A Zona Franca de Vigo recoñece as boas prácticas levadas a cabo por varias empresas do polígono.

A Zona Franca de Vigo recoñece as boas prácticas levadas a cabo por varias empresas do polígono.

02 septembro, 2019 Xeral

Dezaseis empresas do noso polígono destacan por ter algún tipo de indicador de boas prácticas no Informe Ardán 2019 que elabora o Consorcio Zona Franca de Vigo, con datos relativos ao exercicio 2017.

O polígono xa forma parte do Rexistro Autonómico de Entidades de Carácter Ambiental.

O polígono xa forma parte do Rexistro Autonómico de Entidades de Carácter Ambiental.

23 xullo, 2019 Xeral

Unha das inquietudes da Asociación de Empresarios do Polígono é a de promover unha relación de sustentabilidade entre o mundo da empresa e a súa contorna natural a través de medidas que  mitiguen e revertan o impacto da actividade fabril e comercial no quecemento global e na perda de biodiversidade.

As licenzas adxudicadas no polígono superan o nivel previo á crise.

As licenzas adxudicadas no polígono superan o nivel previo á crise.

19 xullo, 2019 Xeral

Nas dúas últimas xuntas de goberno local, celebradas neste mes de xullo, foron aprobadas as licenzas de obra para a construción de cinco naves, converténdose o noso polígono no de maior demanda de toda a Comunidade Autónoma. Actualmente só quedan dispoñibles un total de 24 parcelas.

Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma  ISO 45001:2018

Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma ISO 45001:2018

19 xullo, 2019 Xeral

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), da que forma parte o noso polígono, organizou o pasado mércores no Viveiro de Empresas unha Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma ISO 45001:2018 Sistemas de Xestión da Seguridade e a Saúde Laboral. Dada a boa acollida que tivo o evento, prevese a organización de máis xornadas deste tipo nos próximos meses.

A Comunidade Propietarios procede á roza e á limpeza do perímetro de seguridade do polígono.

A Comunidade Propietarios procede á roza e á limpeza do perímetro de seguridade do polígono.

08 xullo, 2019 Xeral

A semana pasada a Comunidade de Propietarios do Polígono procedeu á limpeza de maleza no perímetro de seguridade do noso parque empresarial. A medida está encamiñada a mellorar a seguridade de naves e parcela na época do ano de con maior risco de incendios forestais.

Os empresarios do polígono priorizan a execución do tramo da futura circunvalación que conecta Bértoa coa estrada de Santiago.

Os empresarios do polígono priorizan a execución do tramo da futura circunvalación que conecta Bértoa coa estrada de Santiago.

14 xuño, 2019 Xeral

Esta intervención facilitaría as comunicacións desde o polígono coa capital galega e co sur da Comunidade Autónoma e liberarían de tráfico pesado o núcleo urbano de Carballo.

A Xunta achegará 91.588 euros para a definitiva conexión peonil do polígono co núcleo urbano municipal.

A Xunta achegará 91.588 euros para a definitiva conexión peonil do polígono co núcleo urbano municipal.

23 maio, 2019 Xeral

Este investimento da Xunta corresponde á resolución da orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos polígonos galegos que convoca anualmente a Consellería de Economía,  Emprego e Industria. O  Concello de Carballo, pola súa banda, achegará 22.897 euros.

Novo servizo de recollida de residuos para as empresas adheridas á Comunidade de Propietarios.

Novo servizo de recollida de residuos para as empresas adheridas á Comunidade de Propietarios.

13 maio, 2019 Xeral

Coa firma deste contrato entre  COREGAL e a Comunidade de Propietarios do Polígono, as empresas do noso polígono integradas na mencionada entidade empresarial poderán gozar a partir do mes de xuño, dun novo servizo gratuíto de recolleita porta a porta de papel, cartón e plástico.

< 8 9 10 11 12 13 >