Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Visita de estudo dos alumnos do CPR EFA Fonteboa.

Visita de estudo dos alumnos do CPR EFA Fonteboa.

10 marzo, 2021 Xeral

Esta mañá 57 alumnos de 3º e 4º da ESO do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco realizaron unha visita de estudo ao noso polígono. A visita contextualízase na política de colaboración que a Comunidade de Propiatrios e a Asociación de Empresarios manteñen cos principais centros de ensino da zona.

Tres intervencións no polígono do proxecto Cicl-ando Carballo.

Tres intervencións no polígono do proxecto Cicl-ando Carballo.

10 febreiro, 2021 Xeral

Estas novas sendas reforzarán a integración do noso parque empresarial na rede viaria municipal e supoñen un investimento superior aos 450.000 euros. Estas tres intervencións serán posible grazas a unha subvención de 1.713.295 euros procedentes de fondos europeos destinada á execución de 18 km de sendas peonís e ciclistas no termino municipal.

Solicitamos a nosa inclusión no Plan de Transporte Público de Galicia.

Solicitamos a nosa inclusión no Plan de Transporte Público de Galicia.

26 xaneiro, 2021 Xeral

Con máis de duascentas empresas, 1.750 postos de traballado directos e un constante fluxo de usuarios que se achegan ao noso parque empresarial por motivos profesionais ou comerciais, pero tamén para gozar das nosas instalacións deportivas e zonas verdes; o polígono de  carballo ten unha masa de potenciais usuarios que aconsellan a instalación de dúas paradas de bus.

Unha campaña informativa que aposta pola xestión sostible dos residuos.

Unha campaña informativa que aposta pola xestión sostible dos residuos.

10 novembro, 2020 Xeral

No último ano e medio a Comunidade de Propietarios do Polígono xestionou máis 114 toneladas de residuos de natureza industrial. Propóñense mellorar a cifra a través dunha campaña informativa sobre a correcta separación de residuos por categorías e sobre os servizos de recollida e xestión que operan no polígono.

Melloras na rede de hidrantes e na rede de abastecemento de auga.

Melloras na rede de hidrantes e na rede de abastecemento de auga.

10 novembro, 2020 Xeral

Esta intervención, xa en funcionamiento, ven a cubrir unha importante necesidade da nosa área empresarial, supoñendo unha inversión de 86.500 € financiados nun 80% pola Xunta de Galicia e nun 20% polo Concello de Carballo. Os novos hidrantes serán señalizados e incluidos no plan de autoprotección do polígono vixente desde o pasado mes de maio.

Primeiros pasos para dotar ao polígono dun novo aparcamento de vehículos pesados.

Primeiros pasos para dotar ao polígono dun novo aparcamento de vehículos pesados.

15 septembro, 2020 Xeral

O novo aparcamento supoñerá a creación de 42 prazas para camións e estará situado na Rúa Bronce nas inmediacións do campo de fútbol nun escampado que xa se viña utilizando de forma informal como espazo de estacionamento aínda sen cumprir os mínimos estándares de funcionalidade e aproveitamento.

Aprobado o proxecto de mellora da rede de hidrantes do polígono por un importe de 86.519,69 euros.

Aprobado o proxecto de mellora da rede de hidrantes do polígono por un importe de 86.519,69 euros.

04 agosto, 2020 Xeral

Este investimento cubrirá un importante déficit na seguridade do polígono que na súa primeira fase só dispón de tres hidrantes para dar servizo a máis de 150 empresas. Por outra banda, o Concello concedeu unha subvención 8.288€ orientada a mellorar o noso servizo de xestión de residuos.

A circunvalación de Carballo vai tomando forma coa licitación do seu trazado definitivo.

A circunvalación de Carballo vai tomando forma coa licitación do seu trazado definitivo.

09 xullo, 2020 Xeral

Demandada en repetidas ocasións polo colectivo empresarial, esta infraestrutura que unirá o noso parque industrial, coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914) supoñerá unha mellora notable nas nosas comunicacións co sur da Comunidade Autónoma.

< 6 7 8 9 10 11 >