Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Adxudicadas novas obras de mellora por valor de 180.000 euros.

Adxudicadas novas obras de mellora por valor de 180.000 euros.

19 xullo, 2021 Xeral

Trátase da renovación das beirarrúas da 1ª fase e a instalación de iluminación LED na 2ª fase. Estás obras están financiadas polo remanente municipal e supoñerán unha mellora na seguridade viaria da nosa área empresarial.

Novo Ciclo Superior en Transporte e Loxística.

Novo Ciclo Superior en Transporte e Loxística.

23 xuño, 2021 Xeral

A partir do próximo curso académico o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco impartirá un Ciclo Superior en Transporte e Loxística. Para lograr a autorización do mesmo pola Xunta de Galicia foi crucial o apoio da Comunidade de Propietarios do Polígono.

22.000 metros cadrados para uso industrial.

22.000 metros cadrados para uso industrial.

16 xuño, 2021 Xeral

A instancia da Comunidade de Propietarios inícianse os trámites para o cambio de uso das parcelas F1 e F2 da segunda fase que permitirá que empresas de natureza industrial poidan poxar por elas.

Visita institucional dos presidentes da patronal autonómica e provincial.

Visita institucional dos presidentes da patronal autonómica e provincial.

27 maio, 2021 Xeral

Os presidentes da confederación de empresarios de Galicia e da Coruña participaron na inauguración oficinal do novo Centro de Promoción Económica do polígono e mantiveron un encontro cunha representación do noso tecido empresarial.

A ampliación do polígono xa é unha realidade.

A ampliación do polígono xa é unha realidade.

07 maio, 2021 Xeral

A conselleira Ánxeles Vázquez visitou onte a nosa área empresarial e anunciou a tan demanda ampliación do polígono. Os trámites de ampliación iniciaranse este mes de xuño e a previsión é que se empece a comercialización de parcelas no 2023.

Xornada técnica sobre as novas Directrices da paisaxe.

Xornada técnica sobre as novas Directrices da paisaxe.

19 abril, 2021 Xeral

A norma, en vigor desde o pasado mes de febreiro, afecta a todos os novos plans urbanísticos e ás modificacións sobre os xa existentes; sendo os polígonos e áreas empresarias unhas das infraestruturas afectadas pola mesma.

Novas instalacións para as oficinas do polígono.

Novas instalacións para as oficinas do polígono.

07 abril, 2021 Xeral

A partir do luns 12 de abril as oficinas do polígono trasládanse á súa nova localización no antigo edificio de promoción económica que pasará a denominarse Centro de Promoción Económica Polígono de Carballo. Este cambio vén colmar unha vella aspiración do colectivo empresarial.

Habilitadas sete novas prazas de aparcamento para vehículos pesados na Rúa Volframio.

Habilitadas sete novas prazas de aparcamento para vehículos pesados na Rúa Volframio.

26 marzo, 2021 Xeral

A medida contextualízase na política de racionalización no uso de espazos e viais do polígono e súmanse ás tres prazas habilitadas no inicio da Rúa Bronce. Así mesmo creouse unha nova praza de minusválidos na Rúa Bronce.

< 5 6 7 8 9 10 >