O evento celebrouse o día 28 de setembro no Centro Social de Bértoa contando cunha importante participación de público, empresas e entidades. Desde a Comunidade de Propietarios valoraron moi positivamente a feira e apostan pola súa continuidade.
A intervención cun investimento de 243.259 euros poñerá ao dispor dos usuarios do polígono 42 novas prazas para vehículos pesados, esta actuación tamén inclúe o pintado dos viais do polígono e a renovación parcial da señalética vertical.
Esta infraestrutura conectará directamente a nosa área empresarial coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914) sen necesidade de atravesar o núcleo urbano de Carballo. A consulta ambiental está aberta durante un período de 20 días.
Xestión do Só de Galicia (Xestur SA) saca a concurso de venda o últimas cinco parcelas dispoñibles na 2ª fase da nosa área empresarial. Un total de 35.083 metros cadrados polo que se poderán presentar ofertas ata o 12 de xullo.
No pleno municipal que se celebrará hoxe aprobaranse dúas importantes intervencións no polígono por un importe total de 321.717 euros, correspondentes a compra/expropiación dos terreos do futuro viario que comunicará o polígono coa estrada de Razo e tamén melloras no aparcamento e na sinalización.
A Xunta de Galicia aproba o cambio de uso de dúas parcelas da 2ª fase que ata a data tiñan orientación terciaria e que desde agora poderán albergar empresas de natureza industrial. O cambio realízase a iniciativa da Comunidade de Propietarios do Polígono.
A Xunta de Galicia destinará un total de 62.436 euros á redacción do proxecto de aplicación do noso parque empresarial. Este proxecto está declarado de interese autonómico (PIA) e foi adxudicado á empresa Proyfe SL.
Ademais de asuntos rutineiros como a aprobación do Informe de xestión ou as contas anuais, nesta Xunta Xeral someterase a votación un novo orzamento, do que derivará o novo importe das cotas, así como a renovación da Xunta Directiva unha vez expirou o actual mandato.