Organizado pola Fundación Galicia Europa, TecEuropa é o programa de referencia en financiamento comunitario en Galicia. Permitirá á Comunidade de Propietarios do Polígono identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo.
Esta mañá Abanca Corporación Bancaria e a Comunidade de Propietarios do Polígono asinaron un acordo de colaboración orientado a ofrecer ás empresas situadas no noso polígono un catálogo de solucións financeiras cunhas condicións especiais que lles permitan mellorar a súa competitividade.
Onte publicouse a modificación puntual do PXOM que permitirá nos próximos meses a urbanización dun novo aparcamento público para camións na Rúa Bronce nas inmediacións do campo de futbol. Un novo espazo con capacidade para 42 prazas e unha superficie de 4.684 metros cadrados.
A decisión foi aprobada por unanimidade, sen ningún voto en contra e coa única abstención da representante de Xestur. Entrará en vigor o 1 de xaneiro, data a partir da cal todos os propietarios gozarán dos mesmos dereitos e obrigacións.
Sobre a mesa os principais investimentos que a Xunta ten comprometidas co polígono: a estrada de circunvalación que conectará directamente a área empresarial coas estradas AC-413 e DP-1914, e a ampliación do polígono en 554.000 metros cadrados máis.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acaba de sacar a licitación a redacción do proxecto para a terceira fase do noso parque empresarial. Un contrato repartido en dúas anualidades, que suma 78.650 euros, e que debería estar executado en nove meses.
O xoves 4 de novembro serán convocados no Pazo dá Cultura os propietarios da 1ª e 2ª fase do polígono a unha Asemblea Extraordinaria cun único punto na orde do día: a integración de ambas as fases é unha única entidade de xestión. Nas próximas semanas recibirán por correo postal a convocatoria oficial con todos os detalles.
Trátase da renovación das beirarrúas da 1ª fase e a instalación de iluminación LED na 2ª fase. Estás obras están financiadas polo remanente municipal e supoñerán unha mellora na seguridade viaria da nosa área empresarial.