A partir do próximo curso académico o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco impartirá un Ciclo Superior en Transporte e Loxística. Para lograr a autorización do mesmo pola Xunta de Galicia foi crucial o apoio da Comunidade de Propietarios do Polígono.
A instancia da Comunidade de Propietarios inícianse os trámites para o cambio de uso das parcelas F1 e F2 da segunda fase que permitirá que empresas de natureza industrial poidan poxar por elas.
Os presidentes da confederación de empresarios de Galicia e da Coruña participaron na inauguración oficinal do novo Centro de Promoción Económica do polígono e mantiveron un encontro cunha representación do noso tecido empresarial.
A conselleira Ánxeles Vázquez visitou onte a nosa área empresarial e anunciou a tan demanda ampliación do polígono. Os trámites de ampliación iniciaranse este mes de xuño e a previsión é que se empece a comercialización de parcelas no 2023.
A norma, en vigor desde o pasado mes de febreiro, afecta a todos os novos plans urbanísticos e ás modificacións sobre os xa existentes; sendo os polígonos e áreas empresarias unhas das infraestruturas afectadas pola mesma.
A partir do luns 12 de abril as oficinas do polígono trasládanse á súa nova localización no antigo edificio de promoción económica que pasará a denominarse Centro de Promoción Económica Polígono de Carballo. Este cambio vén colmar unha vella aspiración do colectivo empresarial.
A medida contextualízase na política de racionalización no uso de espazos e viais do polígono e súmanse ás tres prazas habilitadas no inicio da Rúa Bronce. Así mesmo creouse unha nova praza de minusválidos na Rúa Bronce.
Esta mañá 57 alumnos de 3º e 4º da ESO do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco realizaron unha visita de estudo ao noso polígono. A visita contextualízase na política de colaboración que a Comunidade de Propiatrios e a Asociación de Empresarios manteñen cos principais centros de ensino da zona.