Este mes visitarán o noso polígono as unidades móbiles de inspección de vehículos. Toma nota das datas e dos horarios.
Esta reunión enmárcase dentro dos encontros que con regularidade mantéñense desde a Comunidade de Propietarios con distinto tipo de entidades co obxectivo de dar a coñecer as demandas e necesidades do noso polígono industrial.
Onte, no Viveiro de Empresas, tivo lugar a presentación pública do convenio de colaboración entre a Comunidade de Propietarios do Polígono e IFFE Business School. Unha alianza orientada a mellorar a competitividade das empresas do polígono a través da formación continúa dos seus empregados.
No día de onte, a instancia da comunidade de propietarios, o Concello de Carballo realizou distintas intervencións de mellora e mantemento nos aparcadoiros disuasorios das rúas Cobre, Ferro e Titanio. Tamén se procedeu ao asfaltado do tramo da rúa Prata que aínda non o estaba.
O pasado día 24, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ao director de Mobilidade, Ignacio Mestre; anunciaron que a Xunta de Galicia está a estudar a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas galegas. Así o manifestaron na conmemoración do 40º aniversario da Federación Galega do Transporte de Mercadorías (Fegatramer), onde explicaron que estas novas bonificacións afectarían, entre outras, á autoestrada A Coruña – Carballo (AG-55)
No día de onte, a instancias da Comunidade de Propietarios do Polígono, a empresa adxudicataria da xestión do ciclo integral de auga en Carballo (Gestagua) procedeu á execución de labores de limpeza e manteamiento na rede de saneamento e pluviais do noso parque empresarial.
Na xunta directiva celebrada o pasado luns día 5, o Grupo de Desenvolvemento Rural‚ Costa da Morte aprobou a adhesión da Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo á devandita entidade, concretamente formando parte da Mesa sectorial “Asociacións de empresarios e asociacións profesionais”.
A Xunta de Galicia acaba de adxudicar 6.000 metros cadrados de chan industrial nos distintos parque empresariais xestionados por Xestur. En concreto, no noso polígono adxudicáronse dúas novas parcelas, que xuntas suman unha superficie total de 2.152 metros cadrados, sendo o seu prezo final de venda 87.481,23 euros. Estes datos volven situarnos como líderes na venda de chan industrial público, por diante dos parques empresariais da Sionlla (Santiago de Compostela), de Ortigueira ou de Viveiro.