Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Xornada Técnica sobre o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD).

Xornada Técnica sobre o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD).

04 marzo, 2019 Xeral

Organizada pola Comunidade de Propietarios do Polígono, tivo lugar o pasado venres día 1 de marzo no Salón de Actos do Viveiro de Empresas. E nela as empresas participantes puideron resolver as súas dúbidas sobre a aplicación do novo regulamento no ámbito empresarial.

Aprobada a cesión do antigo edificio de Promoción Económica.

Aprobada a cesión do antigo edificio de Promoción Económica.

26 febreiro, 2019 Xeral

A Xunta de Goberno Local aprobou onte a cesión o antigo edificio de Promoción Económica á Asociación de Empresarios do Polígono. O edificio, de titularidade municipal y situado na Rúa Cobre Parcela A, conta con planta baixa e primeira, e cunha superficie útil total de 230,43  m² e construída de 276,44  m².

Nova poxa de parcelas cunha bonificación do 50%.

Nova poxa de parcelas cunha bonificación do 50%.

18 febreiro, 2019 Xeral

A Xunta de Galicia, a través de  Xestur, pon a disposición das empresas interesadas en asentarse no noso polígono 93.417 metros cadrados de chan industrial dividido en 29 parcelas, cunha bonificación do 50%.

Aberta a variante de  Aradas que facilita as nosas comunicacións co polígono do Tambre.

Aberta a variante de Aradas que facilita as nosas comunicacións co polígono do Tambre.

05 febreiro, 2019 Xeral

Coa apertura este luns da variante de  Aradas, que une a estrada Carballo-Santiago (DP-1914) co polígono  do Tambre, os camións que chegan á capital galega desde Carballo tardarán 20 minutos menos e percorrerán un 73% menos de distancia para entrar e saír do polígono compostelán.

Datas e horario da visita das unidades móbiles de inspección de vehículos ao polígono.

Datas e horario da visita das unidades móbiles de inspección de vehículos ao polígono.

08 xaneiro, 2019 Xeral

Este mes visitarán o noso polígono as unidades móbiles de inspección de vehículos. Toma nota das datas e dos horarios.

Encontro entre responsables do  PSdG-PSOE e da Comunidade de Propietarios do Polígono.

Encontro entre responsables do PSdG-PSOE e da Comunidade de Propietarios do Polígono.

07 xaneiro, 2019 Xeral

Esta reunión enmárcase dentro dos encontros que con regularidade mantéñense desde a Comunidade de Propietarios con distinto tipo de entidades co obxectivo de dar a coñecer as demandas e necesidades do noso polígono industrial.

Presentación do convenio de colaboración con IFFE Business  School.

Presentación do convenio de colaboración con IFFE Business School.

13 decembro, 2018 Xeral

Onte, no Viveiro de Empresas, tivo lugar a presentación pública do convenio de colaboración entre a Comunidade de Propietarios do PolígonoIFFE  Business  School. Unha alianza orientada a mellorar a competitividade das empresas do polígono a través da formación continúa dos seus empregados.

< 12 13 14 15 16 17 >